Artigos científicos
Turistas conscientes para un turismo sostible
Así comeza o artigo do profesor do Grao en Turismo, Jakson Soares, Turistas conscientes para un turismo sostible publicado hoxe en La Voz de Galicia:
Se a sostibilidade ten tres patas —económica, social e ambiental—, diría que na experiencia turística hai unha tríade de actores responsables: visitantes, residentes e industria.
Quen fai turismo tamén é responsable da continuidade da actividade, do patrimonio e do medio ambiente.
Daquela, para que todas saiamos gañando coa experiencia turística, o comportamento de quen visita tamén debe ser considerado na ecuación cara a un turismo sostible social, economica e ambientalmente.

